Si te gusta, comparte:

-TVG estrea a serie “Contaminación  mariña”, dirixida por Valentín Carrera

-Emisión 8 xuño 2021, 23 h, TVG2

O próximo día 8 de xuño, TVG estrea a serie Contaminación mariña. O mar de Galicia ante o cambio climático, dirixida por Valentín Carrera. Esta miniserie documental —dous capítulos de 26 minutos— toma o pulso á situación do mar de Galicia a ante ata baixo cabe cara con contra de desde en entre para por segundo sen so sobre tras o cambio climático.

A primeira parte céntrase na importancia do mar como pulmón, corazón, sistema nervioso e sistema sanguíneo do Planeta Azul ou Planeta Océano (mal chamado Terra), e como os humanos tratamos ao gran ecosistema do que dependen todos os demais ecosistemas. Trata de responder a unha dobre pregunta: Que fai o mar por nós e que facemos nós polo mar?

A segunda parte analiza as consecuencias futuras da actividade humana, centrándose no mar como fonte de vida e alimento, observando os riscos e perigos que ameazan actividades vitais como mediante a pesca e a acuicultura, dando resposta á pregunta: Que facer?

Os dous capítulos son conducidos pola fermosa voz da actriz Sara Couce e as acrobacias e reflexións do surfeiro e médico galego Guille Carracedo, dúas veces campión de España e subcampión do mundo de paddle surf, cuxo brillante historial deportivo e persoal é unha referencia para miles de mozos —dentro e fóra de Galicia—, con máis de un millón de seguidores en redes sociais.

A serie, producida por Bierzo Paradiso poara TVG, está dirixida polo xornalista e escritor Valentín Carrera; e conta con imaxes submariñas inéditas de Jorge J. Candán (bicampeón mundial de Vídeo Submarino 2019-2010) e do naturalista galego José Luis Lorenzo Colón. A rodaxe foi realizada polo cámara Paco Peiteiros, con montaxe e postprodución de José Brea en Setemedia. A música é creación orixinal de Gío Yáñez, sonorizada por Emilio García en Cinemar Estudos. Os documentais contan co aval científico da ecóloga Josabel Belliure e do oceanógrafo Pablo Rodríguez Ros, que supervisaron o guion.

A narración oral articúlase en forma de diálogo didáctico —seguindo o método socrático— que se desenvolve nas redes sociais, a través das que Guille Carracedo e Sara Couce son interpelados por un grupo de milenials reais, que prantexan as súas dudas e preguntas. Os milenials son Alicia Carrera Castaño, José Luis Lorenzo Colón, Juan Pedro Mira, Julia Lado Villar, Melina Miller, Pablo Lorenzo Rodríguez, Sandra Carrera Castaño, Sara Méndez Ortega e Yago Castro Rodríguez.